Verónica Rodríguez Martínez: un novo motivo de orgullo para Ares

Comparte esta nota de prensa

A veciña aresá Verónica Rodríguez Martínez sumou este mes de novembro un novo recoñecemento na súa traxectoria académica: vén de recibir o Premio Fin de Carreira 2023/2024 polo seu expediente académico no Grao en Filosofía, sendo unha das 100 mellores estudantes de todo o sistema universitario galego.

Este recoñecemento galardoa a excelencia de Verónica nos estudos, mais tamén o seu esforzo e talento durante todo o tempo de formación universitaria. Unha constancia que fala do seu compromiso, paixón e disciplina e que se suma a unha traxectoria xa exemplar, con máis premios de excelencia académica durante os estudos en secundaria e Bacharelato.

E aínda así, ela segue lembrando con agarimo unha iniciativa que impulsou, xunto con outros mozos e mozas, no municipio: o Club Xove de Ares. Outro logro do que sentirse orgullosa!

Parabéns, Verónica, polo Premio Fin de Carreira! Todo un #OrgulloAresán.

 

Pódeche interesar