23 DE ABRIL DE 2026
Dende o EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o VI Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.
A través del podedes deixar voar a vosa imaxinación e trasladarnos a vosa creatividade. O concurso consistirá en crear un microrrelato de tema libre en galego a partir dunha das seguintes frases propostas. A frase que elixades será o comezo do microrrelato.
FRASES PROPOSTAS
-
Quero ser Morgana para…
-
A mamá un día decidiu que non quería coser máis.
-
O 12 de agosto o tempo parou durante dous minutos.
-
Begoña tece o seu desexo de Liberdade.
-
Aquel roto no meu pantalón favorito era estraño.
BASES
-
O microrrelato terá a extensión limitada a 200 palabras. Deberá levar obrigatoriamente un título.
-
O límite de envío do número de microrrelatos por participante será de dous, sempre e cando se cumpran os criterios establecidos nas bases.
-
O/a participante fará constar no mesmo o seu nome e apelidos, idade e curso así como un teléfono e correo electrónico de contacto.
-
Poderán participar mozos e mozas empadroadas en Ares e alumnado do CPI Mirandas.
-
Os gañadores/as da pasada edición non poderán concursar a premio nesta convocatoria pero si participar.
CATEGORÍAS
-
Categoría A: alumnado de primaria (4º, 5º e 6º)
-
Categoría B: alumnado de ESO
FORMA DE PARTICIPACIÓN E PREMIOS
-
Envío por email aos correos:
tesmoitalingua@gmail.comoucultura@concellodeares.com -
Entrega física no CPI As Mirandas ou na Biblioteca Municipal nos horarios habituais de apertura.
-
Último día de entrega: 23 de abril (hora límite: 19:30 h).
-
Premios: Haberá 1 gañador/a (premio: tablet ou ebook) e 1 finalista en cada categoría (lote de libros).
-
Xurado: Estará composto por profesorado do CPI as Mirandas e por unha persoa proposta pola Concellaría de Cultura.
-
Entrega de premios: O acto celebrarase o mércores 29 de abril ás 18:30 h no salón de actos da Alianza Aresana.
Organizan: Concello de Ares (Concellaría de Cultura, Deportes, Mocidade e Patrimonio), CPI As Mirandas e Equipos de Dinamización da Lingua Galega.
VI CONCURSO DE MICRORRELATOS. DÍA DO LIBRO – BASES en pdf

