Xa aberta a exposición ‘Figuración e abstracción’, do aresán Ramón Casteleiro

Comparte esta nota de prensa

Até o 31 de xullo, a veciñanza pódese achegar ó andar superior da Casa da Xuventude para botar unha ollada á colección pictórica de Ramón Casteleiro, unha escolma dos seus cadros que camiñan do figurativo ao abstracto xogando coas cores, as formas e os figuras xeométricas.

Casteleiro, ciruxán ortopédico retirado, descubriu xusto antes de xubilarse unha forte conexión co arte, e así o amosou en varias ocasións na Casa da Xuventude de Ares. Traballando coa escultura e coa pintura, impulsou da man da Concellaría de Cultura mostras con obras de paisaxes da zona, reproducións persoais de grandes clásicos e ata un conxunto de esculturas creadas por el mesmo.

Esta última exposición, ‘Figuración e abstracción’, está aberta no seguinte horario para toda persoa interesada:

  • De luns a venres, de 10:30 a 14:00 h.
  • Martes, mércores, e xoves, de 20:30 a 23:00 h., incorporando a franxa de tarde.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

CONTACONTOS MUSICAL: Os rizos de Lía!

Chega á vila o contacontos musical Os rizos de Lía, unha actuación totalmente de balde para nenos e nenas de 3 a 10 anos: música