Ao longo dos meses de outono, celebrarase un novo curso de socorrismo para habilitar aos seus participantes no exercicio dos servizos profesionais de salvamento. A formación, impulsada pola Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra, é totalmente gratuíta, aínda que quen se inscriba debe facer un depósito de 50 euros, contía a devolver unha vez remate o curso.

O itinerario formativo será de 240 horas, 120 h. con sesións presenciais teórico-prácticas e outras 120 h. a convalidar cunha proba específica de natación.

O curso diríxese a persoas maiores de 18 anos empadroadas nalgún dos concellos que integran o Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, entre eles Ares, e conta co apoio da Deputación da Coruña para materializarse.

Se queres solicitar a túa praza no curso de socorrismo, o proceso de inscrición estará aberto ata o 8 de agosto a través da sede electrónica da Mancomunidade. Podes consultar as bases e a convocatoria na seguinte ligazón: https://comarcaferrolterra.wordpress.com/