Xa dispoñible a exposición de Galicia en Foco!

Comparte esta nota de prensa

Até o vindeiro día 20 de marzo, podes achegarte ao andar superior da Casa da Xuventude para botar unha ollada ás mellores instantáneas do fotoxornalismo galego durante o ano 2024 dentro da mostra de Galicia en Foco, impulsada polo Club de Prensa de Ferrol coa colaboración, no caso de Ares, da Concellaría de Cultura.

Grandes acontecementos sociais, deportivos, culturais… trátase dunha crónica do pobo galego a partir da mirada dos profesionais da comunicación que desenvolven o seu oficio nos principais medios de Galicia.

Entre as fotografías, atópanse as galardoadas na trixésima cuarta edición:  ‘Política municipal’, fotografía do ano 2024 feita por Miguel Ángel López e ‘O Grande Esmorecemento’, de Brais Lorenzo, serie gañadora do ano que captura a forma de vida de aqueles que resisten a abandonar o rural galego, contribuíndo a preservar do olvido a cultura e patrimonio desa contorna social nun tempo de aceleración en todo o globo.

A exposición poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h. e tamén en horario de tarde de venres a domingo de 19:00 a 22:00 h, con entrada libre e gratuíta, até o 20 de marzo.

 

Pódeche interesar