Lembra que até o 20 de febreiro é posible inscribirse na última actividade da Academía AresXSaúde: a charla que impartirá a terapeuta ocupacional Sofía Puente no CIRS Cervás centrada nunha nova visión do período da xubilación, entendendo esta etapa vital baixo unha óptica activa, saudable e máis consciente.
Para sumarse á sesión, é preciso anotarse previamente no Departamento de Servizos Sociais (Praza da Constitución S/N) ben presencialmente, no horario de apertura cotián das instalacións municipais, ou por teléfono no 981 448 354.


