Xa dispoñibles as inscricións para os obradoiros do VIII Ares Indiano

Comparte esta nota de prensa

Xa podes formalizar a reserva de praza para os obradoiros que impulsa o Concello no VIII Ares Indiano.

Lembra que as inscricións se realizan telematicamente a través da páxina web institucional, www.concellodeares.gal, accedendo á seguinte ligazón:  https://concellodeares.gal/inscricions-obradoiros-ares-indiano-2025/.

Consulta aquí embaixo a oferta que se impulsou para esta última edición.

OBRADOIROS TEMATIZADOS

  • Decora a túa bolsa – máis de 4 anos
  • Pintura Caribeña co Taller Mukina – de 4 a 13 anos
  • Decora o teu abanico – máis de 4 anos
  • Búsqueda do tesouro indiano – de 4 a 12 anos
  • Todos eles parten dun prezo de 3 euros.

OBRADOIROS DE CUSTOMIZACIÓN DE COMPLEMENTOS INDIANOS

En colaboración coa empresa compostelá de vestimenta histórica Chimpos, organízanse dous obradoiros para este martes, 19 de agosto, de 17:00 a 20:00 h., e para o mércores, 20 de agosto, de 10:00 a 13:00 h.

Quen se anime a inscribirse, baixo un prezo de 6 euros co material incluído, poderá confeccionar sombreiros, cinturóns, luvas, parasol ou diademas da man de Betty Sieira.

 

Pódeche interesar