Xa ondea a Bandeira Verde 2025 de Ares!

Comparte esta nota de prensa

A concelleira de Medioambiente, Lucía Blanco, izou onte mesmo o galardón medioambiental que outorgou a Xunta de Galicia á vila por segundo ano consecutivo, a Bandeira Verde 2025, na entrada do consistorio aresán.

O distintivo lucirá nas instalacións municipais como un recoñecemento ó traballo en materia de reciclaxe e vontade ecolóxica da localidade, salientando a corresponsabilidade da veciñanza e da administración na mitigación do cambio climático, o impulso de accións de carácter medioambiental e a eficiencia na xestión dos residuos que se xeneran no día a día.

De igual maneira, a Bandeira Verde acredita publicamente o compromiso dos veciños e veciñas de Ares e do Concello na procura da eficiencia enerxética, a protección da paisaxe e a ordenación do territorio, sendo un dos 33 municipios seleccionados con este galardón medioambiental.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.