Se estás interesado en afondar no que é a Comunidade Enerxética de Ares, as súas vantaxes e compromisos, podes achegarte até a casa consistorial e solicitar os seus Estatutos no Rexistro Municipal ou mesmo o modelo de adhesión para sumarte a ela.
A Comunidade Enerxética Local aresá baséase nunha nova forma de organización onde persoas e entidades poden unirse para producir, xestionar e compartir enerxía renovable de forma colaborativa, reducindo custos. É posible aforrar na factura da luz dun xeito eficiente e sostible!
E se quedas con dúbidas ou necesitas máis información, podes acudir ata a Concellaría de Urbanismo situada no primeiro andar para saber máis da Comunidade Enerxética Local de Ares, proxecto pioneiro para a localidade.