Xoán Rubia presenta en Ares o seu último libro, ‘O practicante rural’

Comparte esta nota de prensa

  • O mugardés estará na vila o 11 de setembro para abordar as circunstancias de creación desta obra que bebe da súa experiencia exercendo coma profesional da saúde na Galicia rural do século pasado.
  • O acto, programado pola Concellaría de Cultura, será a partir das 20:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana con sinatura de exemplares ao seu peche.

 

Este xoves, 11 de setembro, a Alianza Aresana acollerá a presentación, adiada en maio e recuperada agora de novo, de ‘O practicante rural’, o último libro escrito por Xoán Rubia e publicado na editorial Galaxia.

A partir das 20:00 horas, o mugardés conversará con Lois Méndez, traballador do SERGAS, e o veciño Juan Prados arredor desta sorte de anotacións memorísticas, un exercicio de revisión da experiencia de Xoán Rubia exercendo coma profesional da saúde na Galicia do século pasado.

Así, afondará nas anécdotas que lle deixou toda unha vida de traballo no sistema público galego, sendo testemuña da súa evolución ao mesmo tempo que poñía música a toda unha xeración. É un relato de vivencias, mais tamén un xeito de encapsular unha parte do territorio galego de antano, en contraste coa Galicia do noso presente.

O acto, organizado pola Concellaría de Cultura, concluirá coa sinatura de exemplares.

Pódeche interesar