Se queres saber como funciona a plataforma de préstamos dixitais de libros, películas, prensa, audiolibros e outros materiais da Deputación da Coruña, achégate o vindeiro luns, 13 de abril, até a Biblioteca Municipal de Ares ás 17:00 h.
Impulsarase unha xornada formativa para persoas maiores de 14 anos na que será preciso acudir co teléfono móbil con conexión a Internet para navegar en EBibliodaCoruña e entender como empregala.
A asistencia é de balde, mais require reserva previa dende hoxe, luns 6 de abril, nas instalacións da biblioteca ou no teléfono ☎️ 981 448 057.

