Sábado 23 de xullo de 2022, 18:00h na rampa grande de Ares
Inscricións: Previas a través do formulario https://forms.gle/J2kq7reWHxiN46p79
Ademáis, o mesmo día da proba disporanse ata 25 prazas para participar que cubriranse por rigorosa orde de inscrición na Rampa Grande de Ares (Posto de Socorrismo), debendo inscribirse de 16:00 a 17:15h.
Idades e categorías: Femininas e masculinas.
- Popular: Tódalas idades (distancia 100 mts)
- A: 2011 e menores, 1957 e posteriores (distancia 400 mts)
- B: 2009 e 2010 (distancia 1000 mts)
- C: 2007 e 2008 (distancia 1000 mts)
- D: 2005 e 2006 (distancia 1000 mts)
- E: 2003 e 2004 (distancia 1000 mts)
- F: 2002 a 1978 (distancia 1000 mts)
- G: 1987 a 1973 (distancia 1000 mts)
- H: 1972 a 1958 (distancia 1000 mts)
ORGANIZAN: Club Natación Ferrol, Concello de Ares y ServiOcio
COLABORAN: Agrupación de Protección Civil de Ares, Club Náutico de Ares.
Premios: Agasallo dun gorro por participar. Trofeos para os gañadores absolutos da travesía (masculino e feminino) e tamén para o nadad@r máis nov@ e o nadad@r máis veterán. Medallas aos tres primeir@s clasificad@s en cada categoría, tanto en masculinos como en femininos. A organización disporá dunha zona de avituallamento con hidratación, froita e bebida quente.
Nota.- Permítese o uso de traxe de neopreno.