O grupo Trouleada levou a música ao Mercado Municipal de Ares

Comparte esta nota de prensa

Este sábado, o Mercado Municipal de Ares encheuse co son das gaitas grazas á actuación de Trouleada de Ares, dentro da programación para celebrar o Quere o teu Mercado 2025 que tamén incluiu o reparto de material conmemorativo da xornada. A iniciativa, impulsada pola Xunta de Galicia e á que se incorporou o Concello, quixo poñer en valor os mercados locais como espazos vivos, con trato cercano por parte dos praceiros e un produto de calidade.

Trouleada percorreu o mercado amenizando a mañá con música tradicional galega e axudando a dinamizar o consumo de proximidade cun ambiente ben festivo. Con eles estivo tamén Lucía Blanco, concelleira de Comercio, para celebrar o Quere o teu Mercado 2025.

Esta acción súmase á visita do alumnado do CPI As Mirandas organizada días antes, completando a programación para reivindicar o papel fundamental dos mercados e prazas de abastos na economía e identidade da vila.

Grazas a todos por coidar do noso mercado!

Pódeche interesar