4 de febreiro, conmemoración do Día Mundial contra o Cancro
![](https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2022/11/cartel_dia_mundial_contra__o_cancro-2022.jpg)
O Concello de Ares únese ao #DíaMundialContraOCancro para mandar unha mensaxe de apoio e forza a todas as persoas que padecen esta enfermidade, mais tamén aos seres queridos, familias e profesionais da saúde que axudan na loita para superala.
Representación teatral do Grupo de Teatro “DONAS” coa comedia DON PERO “El emparedado”
![](https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2022/11/cartel_obra_teatro_don_pero_el_empanado-2022.jpg)
Lembramos que mañá, sábado, 5 de febreiro, arranca a programación cultural do mes coa actuación teatral do grupo Donas! Será unha comedia de hilarante posta en escena, un espectáculo propio e en verso baixo o nome “Don Pero el Emparedado”. Levarase a cabo ás 19.00 horas na Alianza Aresana, con entrada libre ata completar aforo.