Ares comeza coas sesións de modelado 3D do seu “Xuventude Verán Activo”

Esta mesma mañá, a Aula CeMIT da Casa da Xuventude acolleu unha das principais novidades deste ano nas propostas lúdico-deportivas da Concellaría de Deportes: os obradoiros de modelado 3D para achegar as novas tecnoloxías ós mozos e mozas. Na sesión que deu comezo á actividade, a rapazada afondou no concepto detrás da impresión en 3D […]
Preto de 120 postos participaron no regreso do XI Mercado Veciñal de Ares!

O tempo acompañou nun evento concorrido que abarcou todo o paseo marítimo da nosa localidade e que dinamizou a contorna municipal. O mercado saldouse con éxito e mantendo o seu carácter máis popular, ofrecendo un espazo accesible á veciñanza para o intercambio!
Obradoiro de manualidades, debuxo e visita á praia nos primeiros compases do “ConciliAres”

A programación das actividades lúdico-educativas do servizo de conciliación laboral e familiar do municipio, o ConciliAres, centrouse durante estas últimas xornadas no desenvolvemento das habilidades artísticas e manuais, mais incluiu tamén unha exploración do patrimonio natural da vila. A semana arrancou con obradoiros de pintura de mans e confección de mariposas cos aspectos positivos dos […]