Obradoiro de manualidades, debuxo e visita á praia nos primeiros compases do “ConciliAres”

Comparte esta nota de prensa

A programación das actividades lúdico-educativas do servizo de conciliación laboral e familiar do municipio, o ConciliAres, centrouse durante estas últimas xornadas no desenvolvemento das habilidades artísticas e manuais, mais incluiu tamén unha exploración do patrimonio natural da vila.

A semana arrancou con obradoiros de pintura de mans e confección de mariposas cos aspectos positivos dos máis pequenos, e logo, aproveitando a boa climatoloxía, proseguiu coa visita á praia urbana de Ares.

Un conxunto de actividades artísticas, de lecer e de habilidades persoais para desfrutar entre iguais aprendendo e divertíndose!

Pódeche interesar