Peche das inscricións para a Travesía a Nado
A Concellaría de Deportes informa de que hoxe, mércores, 20 de xullo, pecha o prazo para inscribirse na XXV Travesía a nado Ría de Ares. Poderás cubrir o seguinte formulario ata as 23:59 desta noite: https://forms.gle/J2kq7reWHxiN46p79. Aproveita estas últimas horas para sumarte a un evento marcado polo desfrute da práctica deportiva e as augas tranquilas! […]
Estás interesado/a en coñecer a historia do municipio e a súa identidade mariñeira?
Tes curiosidade por afondar na pegada da industria da salazón e os oficios da pesca? Este sábado, 23 de xullo, o Concello promove a segunda das catro rutas dentro de “Ares no Mar”, a que se corresponde co percorrido de Ares Urbano que atoparás nas fotografías de abaixo. 3-4 quilómetros para saber o que agocha […]
Este venres temos cine de verán na Praza da Constitución
Este venres, 22 de xullo, temos cine de verán na Praza da Constitución ás 22:30 horas! A segunda proxección será a de “Valentina”, Goya á mellor película de animación de 2022 e a primeira longametraxe da directora ferrolá Chelo Loureiro. O filme narra a historia de Valentina, unha nena que desexa ser trapecista, mais que […]