Este venres temos cine de verán na Praza da Constitución

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Este venres, 22 de xullo, temos cine de verán na Praza da Constitución ás 22:30 horas! A segunda proxección será a de “Valentina”, Goya á mellor película de animación de 2022 e a primeira longametraxe da directora ferrolá Chelo Loureiro.

O filme narra a historia de Valentina, unha nena que desexa ser trapecista, mais que pensa que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. Será a súa avoa quen a anime a seguir o soño e continuar sempre cara adiante, xusto antes de desaparecer por unha suposta viaxe. Valentina, non moi convencida, emprenderá a súa busca, da man de amigos fantásticos, percorrerá cidades e vivirá aventuras polo camiño.

Esta proxección, organizada pola Concellaría de Cultura e coa colaboración da Rede Cultural da Deputación, é a segunda das tres que se realizarán -a última, en agosto-.

Pódeche interesar