O Mosteiro de Santa Catalina acollerá o concerto da banda de música Charamela
O venres, 12 de agosto, temos unha cita coas versións de cancións pop-rock da banda de música Charamela, dende Pontedeume! O Mosteiro de Santa Catalina será o espazo elixido para promover esta actuación, organizada conxuntamente a través do Concello de Ares, a Deputación da Coruña e a Asociación de Amigos do Mosteiro. Xa sabes: esperámoste […]
A banda de música E.E Zunft Zu Weinleuten de Basilea estivo este sábado percorrendo xunto á Rondalla Trovadores de Ares o paseo marítimo!
As súas actuacións exemplificaron o irmanamento que se realizou en 2017 e que mantén os vencellos entre a nosa localidade e Suiza. A E.E Zunft Zu Weinleuten de Basilea atópase activa dende o 1233, ano da súa fundación da man do gremio de produtores e comerciantes de viño, e perdura ata a actualidade. Esta banda […]
A biblioteca municipal de Ares recibe o seu quinto “María Moliner de Animación á Lectura”
O equipo bibliotecario, que xa obtivo este galardón nos anos 2016, 2017, 2020 e 2021, vén de ser premiado con preto de 2.800 euros na XXII edición desta iniciativa estatal. Ares e a súa biblioteca municipal están de celebración esta semana despois de recibir unha das últimas novas relacionadas coa actividade de dinamización sociocultural na […]
A XXX Milla Urbana volveu ao noso municipio para encher a Praza da Igrexa!
O evento amosou de novo o seu carácter popular e festivo, achegando unha visión lúdica e interxeracional do deporte. Veciñanza, visitantes e familiares animaron ós corredores e corredoras nun día de boa climatoloxía e coa brisa da ría de pano de fondo. Dende os prebiberóns ata os máis adultos, 389 participantes percorreron o paseo marítimo […]
O Concello de Ares resulta beneficiado de una subvención da Deputación Provincial da Coruña para a execución do programa “LIMPEZA PRAIAS 2022”
O Concello de Ares resulta beneficiado de una subvención da Excma. Deputación Provincial da Coruña por importe de 24.919,44 € publicado no BOP nº 122 do 29/062022 ao abeiro da Convocatoria: (MA100/2022) Convocatoria do programa de limpeza de praias marítimas dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2022, para a execución do […]