O Concello de Ares recibiu unha liña de axudas autonómicas para a realización do proxecto “ARES ULTRAMARINO II”
![](https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2022/07/Ares-Ultramarino_1.png)
O Concello de Ares recibiu unha liña de axudas autonómicas para a realización do proxecto “ARES ULTRAMARINO II- GALP2- 182”, cun orzamento total de 17.859,60€ cun pocentaxe de axuda dun 80% ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de […]
Nesta semana, o #VeraneAres2022 chegará ó municipio con literatura e deporte
![](https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2022/08/AXENDA-CULTURAL-E-DEPORTIVA-3-724x1024.png)
Anna Agustí falará de escritura de autoficción na Alianza Aresana, teremos a Regata X Trofeo Golfo Ártabro e, xa o sábado, viviremos unha cita ineludible co Club de Remo de Ares. A XV Bandeira Concello de Ares servirá para darlles toda a forza posible ós rapaces da Santa Olaia!!
A exposición de escultura “Mitoloxías de Oriente e Occidente” achégase á Casa da Xuventude
![](https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2022/08/cartel_exposicion_esculturas_mitiloxicasa_oriente_occidente.jpg)
O traballo artístico de Ramón Casteleiro González, creador da mostra, estará dispoñible nas instalacións municipais dende mañá, martes 23, ata o 31 de agosto. Despois de varias exposicións relacionadas co eido pictórico, a Casa da Xuventude de Ares acollerá unha exposición que cambia de formato e se introduce na escultura. Trátase de “Mitoloxías de Oriente […]
Hoxe toca despedir o Ares Indiano!!
![](https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2022/08/02_despedida_Ares_Indiano-2022.jpg)
Despois dunha fin de semana de viaxar ao pasado, de lembrar ás persoas que construíron o noso presente e de desfrutar, pechamos a celebración agradecendo a toda a veciñanza e visitantes a súa involucración no evento. Houbo música, caracterizacións, roteiros e unha participación máis que positiva! Edición tras edición, o Ares Indiano medra grazas ao […]