A exposición de escultura “Mitoloxías de Oriente e Occidente” achégase á Casa da Xuventude

Comparte esta nota de prensa

O traballo artístico de Ramón Casteleiro González, creador da mostra, estará dispoñible nas instalacións municipais dende mañá, martes 23, ata o 31 de agosto.

Despois de varias exposicións relacionadas co eido pictórico, a Casa da Xuventude de Ares acollerá unha exposición que cambia de formato e se introduce na escultura. Trátase de “Mitoloxías de Oriente e Occidente” de Ramón Casteleiro González, unha colección que se inaugurará mañá, martes 23, ás 20:00 horas e que se poderá visitar ata o último día do mes.

A mostra está composta de múltiples altorrelieves e bultos redondos traballados en diferentes madeiras. Será o propio Casteleiro quen comentará, na súa inauguración oficial, cada unha das esculturas que compoñen a exposición.

“Mitoloxías de Oriente e Occidente” estará aberta ó público de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas e de 20:00 a 22:00, amais dos sábados, en horario de mañá, de 12:00 a 14:00 horas, sempre no andar superior da Casa da Xuventude.

Pódeche interesar