O concurso de pintura Manuel Rebón abre mañá o prazo de entrega de obras
A recepción dos cadros, de temática libre e baixo técnica de óleo ou acrílico, estenderase dende o 1 ao 9 de setembro no CIRS de Cervás. A Concellaría de Cultura vén de informar da apertura de recepción de obras para o XV Manuel Rebón, o concurso de pintura organizado xunto ao CIRS de Cervás. Así, […]
O “ConciliAres” pon fin á súa programación lúdico-educativa
O servizo de conciliación familiar e laboral da área de Igualdade e Benestar, o ConciliAres, encarou hoxe a súa última xornada de actividade coincidindo co peche de agosto. Tras de si deixa unha completa programación co foco posto na diversión, mais sempre dende unha perspectiva formativa para os nenos e nenas que integraron o servizo. […]
Nas últimas horas, o cadro de freestylers que se sumará á I Batalla de Galos Concello de Ares presentou modificacións por mor dunha convocatoria para proba puntuable da Federación de varios dos participantes.
Mais o Concello vén de anunciar os novos freestylers que se achegarán a esta nova iniciativa dirixida á mocidade, mantendo o mesmo nivel e categoría cos previos. Así, este sábado, 3 de setembro ás 18:00 horas, teremos unha cita co rap e as rimas improvisadas da man de Kumas, Galez, Kaid, Ruvix, Ykiam, Dury e […]