Nas últimas horas, o cadro de freestylers que se sumará á I Batalla de Galos Concello de Ares presentou modificacións por mor dunha convocatoria para proba puntuable da Federación de varios dos participantes.

Comparte esta nota de prensa

Mais o Concello vén de anunciar os novos freestylers que se achegarán a esta nova iniciativa dirixida á mocidade, mantendo o mesmo nivel e categoría cos previos.

Así, este sábado, 3 de setembro ás 18:00 horas, teremos unha cita co rap e as rimas improvisadas da man de Kumas, Galez, Kaid, Ruvix, Ykiam, Dury e Junay!! Será na Praza da Constitución ou, no caso de que a climatoloxía non acompañe, na pista cuberta do CPI As Mirandas.

 

Pódeche interesar