O Concello licita a adquisición dun vehículo que fará de punto limpo móbil na localidade

Suporá un investimento de case 86.000 euros, a través dunha subvención da Xunta con fondos NextGeneration da Unión Europea, e mellorará o servizo de tratamento dos residuos, achegándoo máis directamente á veciñanza. O vehículo permitirá recoller residuos especiais coma pequenos electrodomésticos, pilas e baterías, lámpadas, calzado, roupa ou aceites minerais e vexetais. O Concello vén […]