Esta semana conclúen as visitas guiadas ao alboio de Redes e ó Mosteiro de Santa Catalina!
Xusto hoxe as técnicas de turismo de Ares realizaron o último percorrido nas instalacións do alboio, coma veñen facendo ao longo dos meses de xullo e agosto, para divulgar o patrimonio mariñeiro do municipio. Porén, aínda estás a tempo de sumarte á ruta guiada e totalmente gratuíta polo Mosteiro de Santa Catalina que levarán a […]
Onte quedou oficialmente inaugurada a exposición “Nós somos elas” que se atopa ata o 25 de setembro no salón de actos e na entrada da Alianza Aresana.
Victoria Montenegro, concelleira de Igualdade e Benestar, e o director e a abogada do Centro de Información á Muller (CIM) de Ares acudiron ás instalacións municipais para presentar esta mostra composta de 24 fotografías do Arquivo Vidal, cada unha acompañada ademais cun texto dunha creadora contemporánea. O século XX ponse así en relación co século […]
Dous cadros da exposición “Paisaxes de Ares e Caamouco” veñen de ser doados polo pintor Luis da Silva Santiago, o Portuxés, ao Concello!
Esta mesma mañá, a edil de Cultura, Alma Barrón, visitou o andar superior da Casa da Xuventude para reunirse con Luis da Silva e achegarse ás composicións pictóricas que entregará tras a finalización da súa mostra pictórica. O mar coma substrato da identidade aresá, o abano de tonalidades da luz no municipio ou a morfoloxía […]