Esta semana conclúen as visitas guiadas ao alboio de Redes e ó Mosteiro de Santa Catalina!

Comparte esta nota de prensa

Xusto hoxe as técnicas de turismo de Ares realizaron o último percorrido nas instalacións do alboio, coma veñen facendo ao longo dos meses de xullo e agosto, para divulgar o patrimonio mariñeiro do municipio. Porén, aínda estás a tempo de sumarte á ruta guiada e totalmente gratuíta polo Mosteiro de Santa Catalina que levarán a cabo o xoves, 15 de setembro, ás 11:30 horas.

Será o peche dunha actividade na que, durante aproximadamente unha hora, descubrirás o valor arquitectónico e artístico do Mosteiro, amais do seu pasado franciscano, e coñecerás a figura de Fernán Pérez de Andrade, “O Bo”.

Se desexas máis información, contacta coa Oficina de Información Turística (OIT) no 981 468 259.

Pódeche interesar