Onte quedou oficialmente inaugurada a exposición “Nós somos elas” que se atopa ata o 25 de setembro no salón de actos e na entrada da Alianza Aresana.

Victoria Montenegro, concelleira de Igualdade e Benestar, e o director e a abogada do Centro de Información á Muller (CIM) de Ares acudiron ás instalacións municipais para presentar esta mostra composta de 24 fotografías do Arquivo Vidal, cada unha acompañada ademais cun texto dunha creadora contemporánea. O século XX ponse así en relación co século […]