A casa consistorial de Ares iluminouse esta madrugada de cor verde para sumarse ó Día Mundial do Alzhéimer 2022 que se celebra cada 21 de setembro.
Unha xornada feita para visibilizar a doenza e reivindicar a importancia da investigación na mellora da calidade de vida dos afectados polo alzhéimer.
Lembra que este venres 23 e o sábado 24 Ares contará con dúas actuacións inscritas na programación do IV Festival Internacional de Entes Animados, posto que o noso municipio forma parte dos 8 concellos organizadores do evento.
Desta maneira, mañá venres, 23 de setembro, ás 19:00 horas, a italiana Irene Vecchia Burratini, recalará na Alianza Aresana co seu espectáculo A Lúa e Pulchinella. Xa o sábado, 24 de setembro, ás 18:30 horas, tamén dende Italia chegará Di Filippo Marionette, interpretando o título Corazóns de madeira, no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro. As […]
Ares volcarase co coidado da natureza e os cursos fluviais galegos!
Este domingo, 25 de setembro, Ares volcarase co coidado da natureza e os cursos fluviais galegos! Se queres botar unha man e axudar na limpeza que se fará do manantial de Bordocedo, o que conecta co río dos Frades, contacta co número que pon á disposición a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina: […]
Licitados os traballos de mellora de servizos e pavimentos na rúa San Xosé
A obra permitirá renovar a rede de saneamento, pluviais e de abastecemento, mais tamén levar a cabo obras civís no alumeado, electricidade e telecomunicacións. A intervención traducirase nun investimento de aproximadamente 170.000 euros, asumidos entre o Concello e o POS+2022 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo vén de informar da licitación das obras […]