Ares volcarase co coidado da natureza e os cursos fluviais galegos!

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Este domingo, 25 de setembro, Ares volcarase co coidado da natureza e os cursos fluviais galegos! Se queres botar unha man e axudar na limpeza que se fará do manantial de Bordocedo, o que conecta co río dos Frades, contacta co número que pon á disposición a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina: 639 850 308.

A actuación realizarase en horario de mañá, arrancando preto das 10:30 horas, e de maneira simultánea con outros concellos do territorio galego inscritos en “Móllate polos Ríos”, a iniciativa de Proxecto Ríos e ADEGA na que colabora o Concello.

Lembra que a organización recomenda traer luvas de fregar da casa (as de vinilo ou látex rompen con facilidade), botas de auga, bolsas para a recollida de lixo e paus con punta, de ser posible. Consulta toda a información en: https://proxectorios.org/limpeza/participantes/

Pódeche interesar