A rapazada do CPI As Mirandas asistiu esta mañá ó espectáculo de MJ Pérez no salón de actos da Alianza Aresana!
Unha actuación que se inscribe no marco das actividades que celebran o Día do Orgullo Neofalante, organizadas conxuntamente entre a área de Cultura e o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade, e que busca conectar directamente coa mocidade no emprego do galego. Estas foron algunhas das fotografías que nos deixou a xornada!
Comezan os obradoiros de lectoescritura e memoria na contorna municipal
A concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, achegouse tanto onte coma esta mesma mañá ás primeiras sesións dos grupos que integran os obradoiros de memoria e lectoescritura na Alianza Aresana e no edificio municipal de Servizos Sociais, respectivamente; dúas iniciativas promovidas pola súa área de traballo co foco posto nas persoas maiores de 55 […]
O Concello presenta o IV Plan de Igualdade para o período 2022-2026
O documento configúrase coma unha guía operativa que fortalece a perspectiva de xénero na actividade da institución local, incluíndo 5 áreas estratéxicas de traballo e 38 medidas específicas a adoptar. Todo o grupo de goberno local presentou esta mesma mañá o IV Plan de Igualdade entre homes e mulleres do Concello de Ares, acompañados polo […]