Programa Xuntos polo Nadal 2022

O departamento de Servizos Sociais informa de que está aberto o prazo de solicitude do programa “Xuntos polo Nadal 2022”, promovido pola Consellería de Política Social. Un programa dirixido ás persoas que por circunstancias se atopen soas nestas datas. Ofértanse estancias en Nigrán e O Carballiño en dúas quendas (do 23 ao 30 de decembro, […]

Lembra que mañá sábado, día 12, o paseo marítimo de Ares, diante do Concello, acollerá ás 12 horas a inauguración oficial da exposición “Rostos da Memoria. Ferrol 1972”, un traballo fotográfico e artístico de Xurxo Lobato en homenaxe ás persoas vivas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras na cidade naval do ano 1972.

A exposición, que permanecerá neste espazo ata o 24 de novembro, está promovida pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol co apoio das asociacións Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática. Mañá podes achegarte ao acto público de presentación, aberto a toda a veciñanza, que contará coa presenza de representantes municipais, e no que os […]

O proxecto CES para a xestión de colonias felinas en Ares estrea páxina en Facebook!

Se queres achegarte á iniciativa do CES (Captura, Esterilización e Solta), posta en marcha no noso municipio en 2016 e pioneira na contorna, e coñecer o traballo do voluntariado que forma parte do programa para o coidado e control da poboación felina en Ares, únete á súa recén creada páxina en facebook  (https://www.facebook.com/people/CES-Concello-de-Ares/100087765186793/) . Poderás […]