Lembra que mañá sábado, día 12, o paseo marítimo de Ares, diante do Concello, acollerá ás 12 horas a inauguración oficial da exposición “Rostos da Memoria. Ferrol 1972”, un traballo fotográfico e artístico de Xurxo Lobato en homenaxe ás persoas vivas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras na cidade naval do ano 1972.

Comparte esta nota de prensa

A exposición, que permanecerá neste espazo ata o 24 de novembro, está promovida pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol co apoio das asociacións Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática.

Mañá podes achegarte ao acto público de presentación, aberto a toda a veciñanza, que contará coa presenza de representantes municipais, e no que os organizadores e algúns dos seus protagonistas falarán sobre o valor deste proxecto.

Pódeche interesar