Durante esta mañá, as nenas e nenos de 6º de primaria do CPI As Mirandas traballaron no colexio público nalgúns elementos básicos para o desenvolvemento humano dende a coeducación!

Baixo o marco da celebración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, afondaron nos modelos positivos de convivencia: aqueles que se fundamentan no respecto das diferencias entre persoas no día a día. Rubén Villar Trenco, psicólogo da USC e Axente de Igualdade de Oportunidades para a Muller, guiou á rapazada […]