En marcha as obras de preparación do solo para a nave de embarcacións do Club de Remo De Ares na área do Porto

Comparte esta nota de prensa

Os traballos de cimentación, que darán paso á construción da  próxima nave de embarcacións, contan cun orzamento de 34.485 €, financiados con fondos municipais.

A concellaría de Urbanismo informou do avance das obras de mellora do solo para a futura nave da embarcacións na dársena seca do porto aresán.

As tarefas iniciadas na parcela que albergará o novo depósito de embarcacións, proxectado para usos deportivos que se destinarán ao Club de Remo, abarcan unha superficie duns 1.065 metros cadrados. Tal e como explican desde a área de Urbanismo, a intervención que se está levando a cabo consiste na realización da cimentación a base de zapatas ailladas de formigón armado e a posterior formación dunha soleira base do mesmo material.

Os traballos contan cun orzamento de execución de 34.485 € (IVE engadido), sufragados con fondos propios e, tras eles, continuarase coa construción do novo edificio.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado