Ares afonda na violencia de xénero vencellada á muller migrante
Especialistas en diferentes eidos (xurídico, social, psicolóxico…) achegan durante todo o día de hoxe, dende as 10:30 ata as 18:30 horas, unha visión completa desta problemática dentro da ampla xornada que organiza o Concello no municipio. O salón de actos da Alianza Aresana convértese no epicentro da Xornada de Violencia de Xénero e Muller Migrante […]
O Concello pon en marcha a terceira ruta do SendAres 2022-2023
As persoas interesadas poderán inscribirse dende mañá, 22 de novembro, ás 18:00 horas, ata o 8 de decembro, con 25 prazas asignadas e un prezo de 15 euros. Prográmase unha saída á costa de Dexo para o 18 de decembro, un espazo con calas sorprendentes e interesantes formacións xeolóxicas. A Concellaría de Deportes vén de […]
Lembra que mañá, 22 de novembro ás 12:00 horas, temos unha cita na Alianza Aresana para inaugurar a exposición #SomosQuen: científicas preto de TI!
Unha mostra que chega á localidade a través da colaboración entre o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) e a Concellaría de Cultura. Estará dispoñible en Ares ata o 2 de decembro!
O Centro de Saúde de Ares continúa coas charlas mensuais impartidas polos seus profesionais
Este mércores, 23 de novembro, as instalacións do Centro de Saúde aresán acollerán unha nova iniciativa divulgativa, desta volta poñendo o foco no solo pélvico. Será Mónica Benasach García, matrona na nosa localidade, a que achegará información a todas as persoas interesadas ás 13:00 horas do mércores. Podes inscribirte á charla no mesmo mostrador do […]
O Concello de Ares percibe unha axuda para a execución do proxecto “CAMIÑO ESCOLAR SEGURO: TREITO PASEO MARÍTIMO – RÚA REAL – C.E.I.P. AS MIRANDAS”
O Concello de Ares percibe unha axuda por importe de 39.971,74 € para a execución do proxecto “CAMIÑO ESCOLAR SEGURO: TREITO PASEO MARÍTIMO – RÚA REAL – C.E.I.P. AS MIRANDAS” cun importe que ascende a 48.365,81 € IVE Incluído), financiado ao amparo da Convocatoria de Axudas para a realización de accións destinadas á promoción de […]