SENDAres 2023 – TEMPADA I DE OUTONO A PRIMAVERA
FORMULARIO DE INSCRICIÓN: Ruta 9: Senderismo polo Golfo Artabro https://forms.gle/bMy4bTEFzDMAoShN8 Un programa para coñecer e recoñecer o patrimonio natural dende o sendeirismo. Ruta 1: Circular do Río Belelle (23 de outubro) – Prezo: 15 euros Hora de saída en bus: 08:00 horas. Hora de chegada: 14:00 horas. Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares. […]
Hoxe mesmo, no CPI As Mirandas as nenas e nenos de 6º de primaria recibiron a segunda sesión do obradoiro Control Off, desta volta indagando nas novas masculinidades e na prevención da violencia de xénero
Coa proxección de vídeos e o debate, exploraron os elementos básicos dunha sociedade máis igualitaria! Con todo, a semana pasada tamén a rapazada de 4º da ESO mantivo un encontro sobre os diferentes comportamentos asociados á violencia machista dentro da actividade “Hai saída grazas a ti”, baixo as actuacións ofertadas pola Secretaría Xeral de Igualdade. […]
Ares inaugura a exposición #SomosQuen: Científicas preto de ti!
Alma Barrón, Olimpia Marcos e José Juan Vilar, concelleiros da localidade, veñen de inaugurar esta mañá a exposición “#SomosQuen: Científicas preto de ti!”na entrada da Alianza Aresana. A mostra, que chega grazas á colaboración co Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, debulla a experiencia de varias investigadoras […]
Últimos días para achegarte á exposición “Rostros da Memoria. Ferrol 1972”
Se aínda non pasaches por diante da casa consistorial, tes ata este xoves, 24 de novembro, para botar unha ollada ó conxunto de paneis que amosan o traballo fotográfico e artístico de Xurxo Lobato; unha homenaxe ás persoas vivas que sufriron a represión franquista polas loitas obreiras na cidade naval no ano 1972. Promovida pola […]