Durante este sábado pasado, o casino aresano acolleu un novo Open Concello de Ares de Dominó organizado por Xabre e a Federación Galega de Dominó coa colaboración da Concellaría de Deportes!

O evento terminou co equipo de Xabre A coma gañador, seguido no segundo e terceiro postos por Forcarei e Chantada, respectivamente. Para oficializar o peche do Open de Dominó, Luis Cendán, en representación do concello aresán, entregou os galardóns polas clasificacións obtidas no torneo. Parabéns aos participantes!!

O plan “La Administración cerca de ti” chega a Ares para resolver dúbidas e facilitar a expedición do certificado dixital

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá esta actividade programada dende a Subdelegación do Goberno de España para o próximo venres, 3 de febreiro, ás 11:30 h. Varios funcionarios informarán das posibilidades e ferramentas da administración electrónica, pero tamén achegarán a posibilidade de obter in situ un certificado electrónico para relacionarse coas entidades públicas. […]