O plan “La Administración cerca de ti” chega a Ares para resolver dúbidas e facilitar a expedición do certificado dixital

Comparte esta nota de prensa

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá esta actividade programada dende a Subdelegación do Goberno de España para o próximo venres, 3 de febreiro, ás 11:30 h.

Varios funcionarios informarán das posibilidades e ferramentas da administración electrónica, pero tamén achegarán a posibilidade de obter in situ un certificado electrónico para relacionarse coas entidades públicas.

A Subdelegación do Goberno de España en A Coruña celebrará en Ares unha charla informativa que se enmarca no plan “La Administración cerca de ti”, unha proposta que afecta aos concellos de menos de 8.000 habitantes e que ten un carácter práctico, divulgando as posibilidades que ten o cidadán de relacionarse dixitalmente coa administración.

Desta maneira, o venres, 3, de febreiro, ás 11:30 h., funcionarios e funcionarias da Subdelegación desprazaranse ata a Alianza Aresana para explicar que trámites poden realizarse de maneira telemática, xunto coa súa forma de tramitación, pero tamén para resolver dúbidas e explicar as ferramentas dixitais ó alcance da veciñanza.

Con todo, ao remate da charla ofrecerase aos asistentes un dos puntos máis relevantes da acción: a opción de obter no momento un certificado electrónico, o expedido pola Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre, que é o que maiores posibilidades de interacción ofrece co conxunto das administracións públicas.

Na actualidade, é posible realizar de xeito dixital moitas xestións e comunicacións cos departamentos da Administración Xeral do Estado: aboamento de taxas públicas, solicitudes de axuda ao estudo e outras subvencións, certificados de vida laboral ou pago de impostos son algunhas das accións habilitadas telematicamente.

Tras esta charla, Ares pasará a formar parte dun dos 67 concellos da provincia da Coruña que se benefician do plan da Administración cerca de ti, materializada no marco das políticas de reto demográfico do Ministerio de Política Territorial, en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP).

Para asistir, será necesario inscribirse previamente na biblioteca municipal de Ares en persoa ou vía telefónica contactando co 981 448 057.

Pódeche interesar