Orella Pendella, unha sesión de narración oral con música en directo, chega a Ares este mesmo xoves
A Concellaría de Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural, organiza unha actuación para as familias con nenos e nenas dende os 6 meses aos 6 anos. Trátase de “Orella Pendella”, un evento fundamentado na narración oral que inclúe música en directo e que se producirá na tarde do […]
O punto limpo móbil xa está á disposición da veciñanza en Pedrós para que se depositen os residuos de tratamento especial!
Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos. Coa chegada de marzo, o itinerario anual prevé que se instale en Barracido, Cervás, Mazote e Mariña do Pombal.
Quinta ruta do SendAres completada!
Os excursionistas que se animaron a participar no programa municipal de sendeirismo achegáronse onte á contorna de Eume-Eirís para desfrutar dunha agradable xornada de deporte. Arrancaron dende o Museo Etnográfico da Capela e dirixíronse ao Mosteiro de Caaveiro, incluíndo no seu itinerario un tramo do Camiño dos Encomendadeiros. Logo continuaron o descenso para chegar ao […]
Nun marco espectacular —a cociña do Mosteiro de Santa Catalina—, o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias; a presidenta da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, Celsa Formoso, e Rita Peinado, autora do limiar da obra, presentaron durante a xornada do sábado a reedición de En la falda de la Bailadora, publicada polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña.
O volume, escrito polo finado veciño Carlos Rodríguez Cartelle, permite recuperar parte da historia de Ares; aquela que fala dos espazos, das paisaxes, das festas, dos patróns, da gastronomía característica da nosa localidade… Unha historia do pobo aresán que sae á luz e que se pon a disposición da veciñanza coma unha mostra do esforzo […]