Orella Pendella, unha sesión de narración oral con música en directo, chega a Ares este mesmo xoves

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural, organiza unha actuación para as familias con nenos e nenas dende os 6 meses aos 6 anos.

Trátase de “Orella Pendella”, un evento fundamentado na narración oral que inclúe música en directo e que se producirá na tarde do xoves, 23 de febreiro (18:00 horas), nas instalacións da biblioteca municipal de Ares.

A compañía Migalla Teatro encargarase de que os pequenos e pequenas aprendan e xoguen con ditos infantís, interpretando cancións tradicionais galegas. Achégate ata a biblio para pasar unha boa tarde!

Pódeche interesar

Notas de prensa

O MercAres encara a súa recta final

Lembra que ata o 31 de xaneiro, a campaña de fomento do consumo local do Concello segue activa! En xogo continúan os premios de 5,

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de