Inscricións abertas para a ruta 6 do SendAres: Meirás-Praia de Ponzos
Lembra que esta mesma tarde do 24 de febreiro abriu o prazo de inscrición nesta iniciativa promovida pola área de Deportes. Podes reservar unha das 25 prazas habilitadas a través do formulario telemático que atoparás na páxina web municipal, no apartado adicado ó programa de sendeirismo. O itinerario ten un prezo de 15 euros e promoverase […]
Ares celebra o Día de Rosalía
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria do CPI As Mirandas desfrutaron esta mañá do contacontos “A miña historia”, unha revisión da vida de Rosalía de Castro a través dos seus propios textos. Dende onte, 23 de febreiro, a casa consistorial loce a pancarta que homenaxea a unha figura central na […]
Concentración silenciosa en solidariedade coa poboación ucraína e polo fin do conflito
Con motivo do primeiro aniversario da guerra en Ucraína, o Concello de Ares sumouse esta mañá á iniciativa da FEMP realizando unha concentración silenciosa de cinco minutos ás portas da Casa Consistorial. Un acto co que se manifesta a solidariedade coa poboación ucraína e os seus millóns de desprazados, así como para urxir o final […]
A compañía Migallas Teatro desembarcou na tarde de onte na biblioteca municipal de Ares cargada de ditos infantís e cancións tradicionais galegas!
“Orella Pendella”, a actuación organizada pola Concellaría de Cultura coa colaboración da Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural, animou a tarde do xoves con música en directo ás familias e ós máis pequenos da vila. Unha sesión onde cobrou especial relevancia a oralidade e a narración!
Non esquezas que a Alianza Aresana acollerá mañá, sábado 25 de febreiro, a recepción institucional aos deportistas do Club de Tenis de Redes
Gañadores dos Campionatos Galegos de 2022 nas categorías de veteráns, junior/cadetes e alevíns. Será ás 12:00 horas e acudirán tanto representantes municipais coma familiares e veciñanza que desexen apoiar ós homenaxeados. Achégate ata alí para celebrar os éxitos deportivos da vila!