Concentración silenciosa en solidariedade coa poboación ucraína e polo fin do conflito

Comparte esta nota de prensa

Con motivo do primeiro aniversario da guerra en Ucraína, o Concello de Ares sumouse esta mañá á iniciativa da FEMP realizando unha concentración silenciosa de cinco minutos ás portas da Casa Consistorial.

Un acto co que se manifesta a solidariedade coa poboación ucraína e os seus millóns de desprazados, así como para urxir o final do conflito bélico orixinado polo Presidente ruso contra a nación de Ucraína e o restablecemento da paz e a legalidade democrática internacional.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.