Os traballadores municipais instalaron esta mesma mañá o punto limpo móbil na parroquia de Cervás!
Aproveita e achégate ata alí para reciclar dende pequenos electrodomésticos a aceites, roupa, pilas ou baterías, entre outros. A próxima semana desprazarase ata a contorna do Mazote, no núcleo de Ares.
O foodtruck da campaña “Galicia sabe a mar” chega a Ares
A iniciativa, impulsada pola Consellería do Mar, permitirá que a veciñanza aresá deguste gratuitamente produtos galegos do mar xusto diante da casa consistorial ao longo do mércores, 8 de marzo, de 12:00 a 15:00 e de 16:30 a 19:30 horas. A concelleira de Turismo, Lucía Blanco, informou esta mañá da chegada a Ares da campaña […]
Na xornada deste sábado pasado, Ares acolleu unha numerosa andaina promovida polos centros de Serviocio Complexo Acuático Do Castro Ares-Mugardos, Piscina Serviocio Pontedeume e BeOne Fitness & Sport
As tres entidades deportivas decidiron desfrutar das vistas, da paisaxe e das rutas de sendeirismo que hai no noso territorio! Así, saíron dende o Porto para percorrer o litoral aresán ata chegar ao Castro de Santa Mariña, aproveitando os camiños que forman parte dun dos itinerarios municipais para a práctica sendeirista. As Mirandas, os espectulares […]
Divas de Diván encheron a biblioteca municipal de Ares!!
Enchéronna de xente, mais tamén de gargalladas para falar de mulleres, de erotismo e sexualidade. Vero Rilo, Ángeles Goás e Carmen Conde, de Tarabela Creativa, despediron o seu espectáculo por todo o alto: narrando, cada unha delas na súa cadeira, contos eróticos cargados de humor. Estas foron algunhas das imaxes que nos deixou a tarde […]