A iniciativa, impulsada pola Consellería do Mar, permitirá que a veciñanza aresá deguste gratuitamente produtos galegos do mar xusto diante da casa consistorial ao longo do mércores, 8 de marzo, de 12:00 a 15:00 e de 16:30 a 19:30 horas.

A concelleira de Turismo, Lucía Blanco, informou esta mañá da chegada a Ares da campaña “Galicia sabe a Mar”, organizada pola Consellería do Mar co foco posto en dfiundir os beneficios nutricionais dos produtos do mar, amais de promover o consumo e venta de pescado e marisco de proximidade.

No marco da campaña gastronómica, instalarase un foodtruck con degustacións gratuítas no paseo marítimo de Ares, diante do consistorio, para que veciñas e veciños poidan achegarse e probar diferentes elaboracións, dende chocos con habas de Lourenzá a zamburiñas en escabeche, por exemplo. O foodtruck estará en horario de mañá (12:00 a 15:00 horas) e de tarde (16:30 a 19:30 h.).

Con estas mostras de pratos, tamén se desexa amosar a calidade dos produtos galegos, pero tamén poñer en valor a labor dos profesionais do mar que contribúen ó subministro destes alimentos de primeiro nivel.