Hoxe temos unha sorpresa: desvelamos os pinchos que estarán dispoñibles esta fin de semana e a seguinte dentro do DegustAres 2023!

Se non tiñas plan para mañá, sábado 18, e o domingo, 19, lembra que comeza a segunda edición do concurso que promove a Concellaría de Comercio en colaboración con 11 establecementos do municipio. Unha iniciativa para gozar da gastronomía aresá e, sobre todo, incentivar o consumo durante este mes de marzo. Así que aproveita, colle […]
Esta mesma tarde, ás 20:00 horas, a Concellaría de Cultura organiza un novo concerto no salón de actos da Alianza Aresana!

Por se estás buscando un bo plan para rematar o día, chega Isaura & Co co seu espectáculo Clave de Bolero. A actuación ponse en relación co aniversario da Alianza Aresana de Instrucción; a agrupación de emigrantes aresáns fundada na Habana en 1904 cumpre o luns, 20 de marzo, 119 anos de historia que ben […]