Os alcaldes dos Concellos de Ares, Fene e Cabanas participaron esta mañá na entrega simbólica das chaves do Punto Limpo do Vilar do Colo á empresa COREGAL
Esta empresa será a encargada de xestionar o servizo durante os próximos dous anos, tras gañar o contrato licitado cunha oferta económica de ao redor de 90.000 euros anuais. O Punto Limpo compartido polos tres municipios estivo pechado durante case dez anos, pero a inauguración está cada vez máis preto. Con todo, necesítanse permisos da […]
Esta mesma mañá, a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, recibiu ao técnico de demarcación de Costas para supervisar os traballos de cimentación e reforzo no muro-escollera do paseo marítimo de Ares que se están a acometer nestes últimos días.
Unha actuación de aproximadamente 35.000 euros que, ademais, incluirá unha mellora do acceso ao Club Marítimo de Redes; arrexuntará a escollera de Area Morta e retirará árbores en situación de perigo no talude do Río Sandeo, na zona que lle corresponde á nosa localidade. Anterior Siguiente
O CPI As Mirandas sortea un cadro de Víctor Manuel Rodríguez Saavedra para sufragar unha das saídas didácticas culturais da ESO
A obra pictórica, un acrílico de dimensións 140×100, está exposta na Casa da Xuventude municipal ata o 26 de xuño, data do sorteo. As rifas poderán adquirirse no propio centro educativo, amais das vendas que realizará a mocidade aresá pola vila. O Centro Público Integrado (CPI) As Mirandas vén de iniciar recentemente unha campaña de […]