O Concello anuncia a apertura do prazo de inscrición para o oitavo roteiro do SendAres 2022-2023.
Esta iniciativa municipal ofrece aos sendeiristas a oportunidade de participar nunha emocionante saída en dúas xornadas os días 20 e 21 de maio, na cal se percorrerán dúas etapas do Camiño Primitivo. A inscrición estará dispoñible a partir das 9:00 horas do xoves 27 de abril a través da páxina web municipal (www.concellodeares.gal), cun total […]
A Alianza Aresana recibe o ciclo “Cinema e Sociedade”, unha iniciativa organizada pola Asociación Cultural “Conxeito”, en colaboración coa área municipal de Cultura, que busca promover o debate social e a reflexión a través do cinema.
Nesta ocasión, proxectarase a película “El Chico” o vindeiro domingo 30, nunha función que contará con música en directo ao piano de Fran Rey, o que promete ser unha experiencia única para os amantes do cinema e a música en vivo. A Asociación Cultural “Conxeito” foi fundada en 2008 cunha clara vocación solidaria e o […]
O 22 de maio poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares!
Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057, de luns a venres, no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de caducidade.
As xornadas dos “Encontros Interescolares de Baloncesto” contaron coa participación do alumnado das escolas municipais de baloncesto de Ares e do Concello de Fene.
Tras o encontro amigable que tivo lugar o 21 de abril no pavillón da Xunqueira de San Valentín, levarase a cabo o partido de volta o 5 de maio no pavillón polideportivo municipal de Ares. Ademais, o 20 de maio, a escola municipal ten programada unha xornada de portas abertas coa celebración dun partido entre […]
Bases específicas para a contratación laboral temporal de 4 peóns
Asunto: BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 4 PEÓNS Á vista da publicación no Boletín Oficial da Provincia nº 13, do 19 de xaneiro de 2023, no que se publica a Resolución número 2023/39428 de 17/01/2023, pola que se aproba o Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos […]