Enrique Ramil presentará a súa serie “Visitares” na Alianza Aresana, este venres ás 20:30 horas.
A serie consta de seis episodios, nos que o cantante e compositor Enrique Ramil reúne a xente do mundo da canción con distintos veciños de Ares tamén de relevancia, para mostrarlles diferentes rincóns do pobo e compartir historias. “Visitares” é unha iniciativa orixinal e creativa de Enrique Ramil, para promocionar os rincóns e a historia […]
O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na contorna de Cortiñas Gil, no núcleo urbano de Ares, ao longo da mañá de hoxe!
Alí estará a disposición da veciñanza toda a semana, para despois dirixirse a Redes. Lembra que poderás depositar nel os seguintes residuos domésticos: Pilas e baterías. Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites minerais. Aceites vexetais. Pequenos electrodomésticos. Roupa e calzado. Aproveita e desfaite do que non precises para que poida ser tratado adecuadamente!
Quedan poucos días para apuntarse aos talleres infantís de reciclaxe, “Ramas Literarias” e “Cadriños feitos con Refugallo de Praia”!
Estes talleres son gratuítos e están dirixidos a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos. Levaranse a cabo o próximo 6 de maio na praza da Constitución, mais no caso de choiva celebraranse na pista polideportiva. Con todo, as prazas son limitadas e é necesario reservar previamente. Este é un evento educativo e […]
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra realizou unha visita ao Obradoiro de Emprego ‘Reinicia IX’ co obxectivo de achegar a realidade das persoas xordas aos alumnos-traballadores do taller, especializados en ‘Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes’.
Durante a visita de onte, a presidenta da asociación e profesora de lingua de signos, Teresa Gallo, ensinou ao alumnado nocións básicas de lingua de signos e explicou que é unha persoa xorda. O encontro tamén serviu para difundir o servizo de voluntariado que se leva a cabo desde a asociación. Ambas as partes puideron […]