O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na contorna de Cortiñas Gil, no núcleo urbano de Ares, ao longo da mañá de hoxe!

Alí estará a disposición da veciñanza toda a semana, para despois dirixirse a Redes. Lembra que poderás depositar nel os seguintes residuos domésticos: Pilas e baterías. Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites minerais. Aceites vexetais. Pequenos electrodomésticos. Roupa e calzado. Aproveita e desfaite do que non precises para que poida ser tratado adecuadamente!

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra realizou unha visita ao Obradoiro de Emprego ‘Reinicia IX’ co obxectivo de achegar a realidade das persoas xordas aos alumnos-traballadores do taller, especializados en ‘Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes’.

Durante a visita de onte, a presidenta da asociación e profesora de lingua de signos, Teresa Gallo, ensinou ao alumnado nocións básicas de lingua de signos e explicou que é unha persoa xorda. O encontro tamén serviu para difundir o servizo de voluntariado que se leva a cabo desde a asociación. Ambas as partes puideron […]