AVISO: Concello de Ares

O próximo martes, 30 de maio, as dependencias municipais permanecerán pechadas con motivo da festividade local do Voto de Chanteiro.

BANDO: corte de tráfico rodado na rúa Os Anxos o 31 de maio do 2023

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: Que con motivo da realización da obra de “Camiños Escolares Seguros”, procederase ao corte de tráfico rodado na rúa Os Anxos, no tramo que comprende dende a Porta do Sol ata a avenida de Mugardos, a partir do mércores, 31 […]

Mabel Espiñeira presentará a súa nova obra “Anatema” o venres 2 de xuño ás 20:00 horas na Alianza Aresana.

A autora galega, coñecida polas súas premiadas novelas como “Hijos de la Bruma” e “Fuego purificador”, compartirá detalles sobre o seu proceso creativo. Os asistentes á presentación literaria poderán adentrarse no mundo máxico de “Anatema”, explorando as profundidades da mente humana e os misterios que rodean aos protagonistas. A obra promete desafiar convencións e introducir […]

Apunta a data da nova visita a Ares de “Coidados porta a porta”.

A unidade móbil do programa, que impulsa a Xunta, en colaboración cos concellos, para achegar servizos asistenciais aos maiores, estará na Avenida Saavedra Meneses (altura do “Pez Rojo”) os días 19, 20 e 21 de xuño. Os veciños e veciñas de Ares, de máis de 55 anos, xa poden pedir cita para consulta cos especialistas […]

A Concellaría de Igualdade e Benestar e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL) Ferrolterra únense para organizar unhas xornadas formativas sobre demencias e alzhéimer.

Estas xornadas, que se levarán a cabo os días 31 de maio e 1 de xuño, contarán coa participación de expertos e estarán dirixidas a familias en busca de información e apoio. O programa incluirá temas como sintomatoloxía, tratamentos e consellos prácticos sobre coidados. A inscrición é gratuíta e pódese realizar chamando ao 981 448 […]